Concello Ferrol

Máis de 40 concellos sumáronse xa ao proxecto da televisión do deporte galego.

  • Ferrol é o primeiro das sete grandes cidades de Galicia en unirse.

A televisión do deporte galego é unha plataforma para os clubes, pero sen a axuda dos concellos das cidades onde xogan eses clubes, non sería posible realizar as instalacións, nin contar con electricidade ou internet.

Por iso queremos agradecer aos máis de 40 concellos que xa asinaron a súa carta de apoio ao proxecto e que nos deron tódalas facilidades para acceder aos campos e pabellóns a instalar as cámaras de producción automática mediante intelixencia artificial.

Entre eses concellos, hai un das sete grandes cidades de Galicia que xa se uniu. É Ferrol. Tódolos concellos son igual de importantes pero incorporar cidades grandes permite sumar varios recintos de golpe así como máis audiencia potencial ao proxecto polo que a incorporación de Ferrol é un apoio moi importante para o proxecto que segue o seu curso para iniciar as súas emisións en aberto nas vindeiras semanas.

Mais novas