R e o Concello de Vilagarcía utilizarán tiivii para a rentransmisión de eventos deportivos con 5G 

  • O operador galego R, o consistorio de Vilagarcía de Arousa e Cinfo acordan desenvolver un proxecto con tecnoloxía 5G para gravar e retransmitir eventos deportivos no estadio municipal de A Lomba.
  • O sistema intelixente do proxecto permite emitir en directo a través de internet en múltiples plataformas e xestionar manualmente a realización do evento dende calquera lugar, ademais de ofrecer un servizo multicámara simultáneo de cambio automático.
  • O piloto, que acaba de poñerse en marcha, probará con 5G a conectividade de datos deste servizo de última xeración sobre a plataforma de Singtel, socio tecnolóxico de R, e coa aplicación tiivii de cinfo.

O concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa y R veñen de chegar a un acordo para desenvolver un proxecto basado na tecnoloxía 5G co que gravar e retransmitir en tempo real eventos deportivos (‘videostreaming’). Este servizo de última xeración implementarase, no estadio municipal de A Lomba, mediante o sistema de producción automática e remota con capacidades de vídeo en calidade 4K, tiivii.

A intelixencia artificial aplicada á emisión automática do evento permitirá recibilo a través de múltiples plataformas en internet sen necesidade de operadores de cámara, tanto en diferido como en directo. Ademais, poderase executar a realización remota, por exemplo, dun partido de fútbol que se xogue nas instalacións do estadio, a través dunha mesa de realización na nube, accesible dende calquera lugar e coa posibilidade de xestionala manualmente. Un sistema multicámara incluído no piloto facilita, tamén, o cambio de cámaras simultáneas de forma inmediata, considerando os obxectivos tácticos máis específicos e interesantes para o deporte.

Tecnoloxía de última xeración para desfrutar do deporte en tempo real

O piloto -que acaba de poñerse en marcha- probará con 5G a conectividade de datos deste servizo de última xeración sobre a plataforma Paragon de Singtel, socio tecnolóxico de R, e coa aplicación tiivii de cinfo.

A plataforma é pioneira pola cantidade de capacidades que aglutina aplicadas a redes 5G; entre outras, a de facilitar un control sen precedentes de múltiples aplicacións. Esto tradúcese en rapidez, eficacia e reducción de custos operativos e de persoal á hora de ofrecer o servizo de videostreaming que probarase no estadio de A Lomba estes meses. Ademais, cunha sola ferramenta cúbrense os requerimentos tecnolóxicos do sistema en ciberseguridade, innovación presente e futura e 5G optimizado.

No visionado do evento non hai límite de espectadores, que apreciarán todas estas vantaxes -de manera simultánea en varias plataformas se o desexan- cando desfruten do deporte en tempo real (ou en diferido) coa calidade de imaxe excelente, potencialmente enriquecida con melodías, grafismos, locucións ou vídeos enlatados, repetición manual de xogadas do evento deportivo… etc.

O sistema intelixente da plataforma permitirá retransmitir e gravar, por exemplo, competicións e partidos oficiais de fútbol, exhibicións, adestramentos e outros eventos dese tipo que se realicen no estadio de Vilagarcía.

E para colaborar nos adestramentos, “Second Coach”.

Outra das funcionalidades do sistema é “Second Coach” (‘segundo/a adestrador/a’) especialmente dirixida a adestradores e corpo técnico para mellorar o rendimento deportivo a través de grabacións de rutinas de entreno e partidos como execución técnica para a súa visualización e análise noutro momento. Seguindo a tónica do proxecto, pódense gravar e visionar adestramentos ou técnicas dende diferentes tiros de cámara, facer avances, retrocesos e zooms no vídeo ou inclusive marcar puntos de interese para recuperalos e repasalos posteriormente.

En suma, o actual acordo para probar e poñer en marcha este sistema 5G pioneiro é só o primeiro paso dun servizo de última xeración con moito percorrido. O seu camiño abre, nesta ocasión á localidade pontevedresa, inxentes posibilidades de innovación tecnolóxica para o desfrute de todo tipo de eventos nun futuro inmediato.

Mais novas